Filmes

Todos os filmes

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos

Radar 6

Teatro Principal

Duración: 69m 02s

Real gods require blood

Os deuses reais requiren sangue

Moin Hussain

  • 2017
  • 19:56
  • Reino Unido
  • FIC
  • COL

Manchester, 1990. Nun estado alterado, Alice vese obrigada a facer de aia para a súa veciña, cuxos fillos afirman alimentar a un visitante nocturno do inferno. Entre tensións do mundo da mafia, supersticións locais e abstinencia ás drogas, Alice terá que decidir entre abandonar os seus novos pupilos ou quedarse a pasar a noite.

Braguino

Braguino

Clément Cogitore

  • 2017
  • 49:06
  • Francia
  • DOC
  • COL

Unha das películas máis estrañas, hipnóticas e misteriosas da tempada. O director de Ni le ciel, ni la terre viaxa a unha das zonas máis perdidas de Siberia para amosarnos como se relacionan os dous únicos clans familiares que viven na rexión e que están enfrontados entre eles.