Blog

  • []

    Homenaxe ao cineasta Claudio Guerín Hill

    Novas

    Despois do éxito viral que tivo a proxección dos dous episodios de 'Coñeza vostede España: Compostela' e 'Coñeza vostede España: Camiño de Santiago', na Carta Blanca que o Cineclube de Compostela e Curtocircuíto - International Film Festival lle adicaron a Ezequiel Méndez Vidal, dende Curtocircuíto, de novo en colaboración co Cineclube e co propio Ezequiel Méndez, adicamos unha homenaxe para o desagravio do cineasta Claudio Guerín Hill, autor daquelas pezas.

  • []

    Filmin presenta a canle Curtocircuíto

    Novas

    A principal plataforma de cine online española pon unha selección de filmes de Curtocircuíto 2018 a disposición dos seus usuarios e usuarias. Entre os 17 títulos, que poderán verse ata o 10 de novembro, están as premiadas 592 metroz goiti (Premio do Público), Uluru (Premio Galiza) e Mi amado, las montañas (Premio Penínsulas).

  • []

    Palmarés Curtocircuíto 2018

    Novas

    Onte celebramos a gala de clausura da nosa 15ª edición e desvelamos os diferentes premios do noso palmarés. Parabéns aos premiados e premiadas!

  • []

    Nostalxia Sintetizada: O uso dos sintetizadores nas BSO e a orixe do Synth Wave

    Editorial

    O actual revival pola cultura dos anos 80 nos últimos anos con filmes como Drive (2011) de Nicolas Winding Refn, sumado a fenómenos televisivos como Stranger Things inspiraron unha nova cultura musical que toma as ensinanzas e imaxinarios de directores como John Carpenter ou David Cronenberg como punto de partida para as súas composicións. Artistas como Nightcrawler, Com Truise ou Carpenter Brut son algúns dos respresentantes dunha nova vagada coñecida como Synth Wave.