Filmes

Todos os filmes

Curmaos

Dende hai un lustro, Curtocircuíto mantén un forte compromiso co cinema e a cultura portuguesa que se materializa nesta edición a través do programa Curmaos, que busca potenciar a fraternidade entre Galicia e Portugal e ratificar a fortaleza da Euro-rexión Atlántica en materia cultural. Esta afinidade vense traducindo en diferentes accións, como a presencia de xurados portugueses (os directores João Nicolau e Pedro Maia, a programadora e distribuidora Salette Ramalho ou a actriz Ana Moreira), a atención do festival pola emerxencia das novas olladas na sección Púlsar (que xa foi adicada a João Salaviza, Ana Vaz ou Gabriel Abrantes) ou en retrospectivas, como a adicada á produtora O som e a fúria, representante da forza do cinema portugués e unha das produtoras portuguesas con máis percorrido, así como unha media de 6 filmes lusófonos na Sección Oficial do festival.

 

Esta liña de acción transcende a propia programación e engloba iniciativas como a colaboración de Curtocircuíto con festivais de cinema como Vila do Conde, PortoPostDoc e IndieLisboa, ou na presencia de bandas portuguesas como Ricardo Remedio ou Equations, nos concertos musicais do festival.

 

Por primeira vez, Curmaos cristalízase nunha sesión panorámica que pon a atención no cinema lusófono do último ano.

 

Todas estas accións véñense desenvolvendo coa colaboración e coa cofinanciación do Instituto Camões.

Ler máis Ver menos

Curmaos

Museo das Peregrinacións

Duración: 66m 30s

Pixel Frio

Pixel Frío

Rodrigo Areias

  • 2018
  • 15:17
  • Portugal
  • FIC
  • COL

Eles xestionan un espazo cultural. El cre na evolución tecnolóxica. Ela cre que o amor é estático. Unha última exposición e un último espectáculo.

Filme en versión orixinal sen subtítulos

De Gente Se Fez História

Historias da xente

Inês Vila Cova

  • 2017
  • 18:49
  • Portugal
  • DOC
  • COL

Un museo, un libro e unha extensa colección de arquivos son o traballo dun humilde "Caxineiro" que estaba namorado da súa terra natal, Caxinas. Os seus arquivos de imaxes e sons son o punto de partida para intentar amosar a homenaxe que José Vila con moita ansia intentou completar. Unha homenaxe á súa terra e as súas xentes.

Filme en versión orixinal sen subtítulos

Onde o Verão Vai (episódios da juventude)

Onde o verán vai (episodios da xuventude)

David Pinheiro Vicente

  • 2018
  • 20:00
  • Portugal
  • FIC
  • COL

É verán, un rapaz vai cos amigos ao río. Na viaxe, cóntase a historia dun home cuxa serpe o intentou comer. O rapaz cae dun tronco e faise unha ferida. Unha rapaza ségueo. Unha parella bícase entre si, outro rapaz explora o bosque e un terceiro déitase a comer un melocotón baixo unha árbore. En catro episodios, a calor e a humidade do bosque resolven desexos entre eles.

Filme en versión orixinal sen subtítulos

Madness

Loucura

João Viana

  • 2018
  • 12:24
  • Portugal
  • FIC
  • COL

Lucy, considerada louca, ten un fillo.

Filme en versión orixinal sen subtítulos