Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine, naceu no ano 2003 como unha iniciativa do Concello de Santiago de Compostela, coa intención de potenciar a creación cinematográfica.
Quince edicións despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto directo con outros festivais de Europa. Na súa Sección Oficial compiten filmes de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha ampla variedade de duracións e formatos, tendo sempre a contemporaneidade e o risco como referentes. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia os creadores e creadoras, a formación e a integración da cidadanía no mesmo. Máis alá de ser un festival de cine, coas súas actividades paralelas e concertos, Curtocircuíto é un punto de encontro lúdico e cultural.
Dirección artística: Pela del Álamo
Coordinación xeral e dirección de produción: Martín Cañedo
Programación: Pela del Álamo, Pixi Arnoso, Izaro Bo
Responsable técnico e control de copias: Pixi Arnoso
Coordinación de convidados: Marta Díaz
Coordinación de contidos: Alicia Alonso
Comunicación: Andrea Villa, Julia Sánchez
Redes: Cibrán Tenreiro
Asistente de dirección: Brais Romero
Asistentes de programación: Xulián Sambade, Coque Dosil
Xefe de produción: Pablo Comesaña
Produción de actividades: Coque Dosil, Pablo Comesaña, Beli Martínez
Produción de concertos e eventos: Coque Dosil, Xulián Sambade
Produción de convidados: Melina Regueira, Gabi Martínez
Asistencia convidados.: Mon Rivas
Departamento pedagóxico: Coque Dosil
Tradución invitados: Adrián Ramos
Auxiliar de produción: Jorge Po Hermo
Deseño: Juan Junquera
Vídeo: Leo López
Fotografía: Aigi Boga
Asistente vídeo e deseño: Emilio Horyaans
Tráfico de copias & fees: Filmika Galaica
Subtitulado: Adrián Ramos
Traducións: Veneatra Dambreville, Andrés Corral
Web: Numax