Filmes

Todos os filmes

Terra - Xacio Baño

Xacio Baño (Xove, Lugo) estuda cinematografía na Universidade de León.  Especialízase en edición e montaxe. Produce, escribe e dirixe varias curtametraxes presentes en festivais coma Locarno, BAFICI, NewDirectors/NewFilms MoMA, Clermont-Ferrand, Telluride Film Festival, Slamdance, Mar del Plata… En 2016 seleccionárono coma un dos dez talentos emerxentes do cinema español pola revista Variety.  En 2018 estreou en Locarno a súa primeira longametraxe de ficción: Trote, producida por Frida Films.

Ler máis Ver menos

Terra - Xacio Baño

NUMAX

Duración: 55m 30s

Anacos

Anacos

Xacio Baño

  • 2012
  • 06:30
  • España
  • FIC, EXP
  • COL

A vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela coma a súa receita de biscoito.

Eco

Eco

Xacio Baño

  • 2015
  • 20:00
  • España
  • DOC, FIC
  • COL

A Eco quitáronlle a voz e condenárona a repetir o que dicían os demais. Anulada, decide refuxiarse nunha cova e afastarse do trato humano.

Ser e voltar

Ser e voltar

Xacio Baño

  • 2014
  • 13:00
  • España
  • DOC, FIC
  • COL

Un novo (?) cineasta pasa un fin de semana na casa dos seus avós para facerlles un vídeo retrato para teños preto cando xa non estean. É simple: a súa avoa no campo e o seu avó no monte. Coloca a cámara e comeza a filmar. Diso vai o cine, non si?

Estereoscopía

Estereoscopía

Xacio Baño

  • 2011
  • 11:00
  • España
  • FIC, EXP
  • COL

Emilio vive só, refuxiado no anonimato dunha grande urbe.
Un día ao ir traballar atropélano e perde a visión do ollo esquerdo.
Os médicos transplántanlle o ollo doutra persoa e comeza a ver a vida do doador.

Trote

(fragmentos)

Xacio Baño

  • 2018
  • 05:00
  • España
  • FIC
  • COL

"Filla de". "Irmá de". Carme vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto coa súa nai enferma e co seu pai, Ramón, co que apenas se comunica. Traballa nunha panadería e precisa escapar deste ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir. Trote transcorre durante a fin de semana na que se celebra a "Rapa das bestas", a loita ancestral do home e o cabalo. A aldea comeza a prepararse para a festa. Luís, o seu irmán maior, volve á casa familiar durante uns días coa súa parella, María. Trote é a loita entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto.

Sobre a palabra escrita

(WIP)

Xacio Baño

  • España
  • DOC, EXP
  • COL

Sobre as dúas pezas que conforman con Eco, unha triloxía da palabra escrita.