Filmes

Todos os filmes

famZINE

O cine, ademais de ofrecer entretemento aos máis pequenos, permite compartir unha actividade e pasar tempo en familia. É un estupendo recurso didáctico e unha ferramenta para dar renda solta á creatividade dos nenos. Curtocircuíto estrea esta nova sección na que o cinema convértese no nexo entre os maiores e os máis pequenos da casa.

Ler máis Ver menos

Famzine 1

Entrada de balde, previa retirada da mesma na billeteira do Teatro Principal de 11:00 a 12:00 h

Teatro Principal

Duración: 78m 22s

Jsme přece lidi

Somos humanos despois de todo

Jan Míka

  • 2016
  • 16:45
  • República Checa
  • ANI
  • COL

Durante un cru inverno, a lebre debe enfrontarse ao frío, á fame e ao perigo dos cazadores e outros animais. Un día descobre a vida tan boa, cómoda e segura que teñen os coellos.

O fim da fila

O fin da fila

Marcelo Pimentel

  • 2016
  • 02:47
  • Brasil
  • ANI
  • COL

Baseado nun libro de ilustracións premiado, a historia trata de animais brasileiros postos en fila. A medida que pasa o tempo, os animais descobren novos motivos para permanecer en fila, día si e día tamén, incluíndo a presenza dun personaxe folclórico. Despois de todo, que hai ao final da fila? O estilo gráfico evoca a arte indíxena brasileira.

Red & The Kingdom Of Sound

Red & The Kingdom Of Sound

Phil Gomm

  • 2018
  • 18:13
  • Reino Unido, Inglaterra
  • ANI
  • COL

Red & The Kingdom of Sound é unha adaptación animada da composición de 1945 de Benjamin Britten The Young Person's Guide To The Orchestra (Guía de orquestra para xóvenes). R&KoS visualiza a orquestra sinfónica como un reino fantástico inspirado por instrumentos musicais.

Estrea en España

Los hombres de verdad no lloran

Os homes de verdade non choran

Lucas Castán

  • 2017
  • 19:01
  • España
  • FIC
  • COL

Basilio é un ex xogador de hockey sobre xeo reconvertido no encargado do material do seu equipo local. O seu fillo Iván parece ser herdeiro da afección do seu pai polo deporte, pero dende hai uns meses, unha rara enfermidade de cadeira impídelle practicalo. Basilio xa non sabe que facer para que o seu fillo volva sorrir.

Comme un éléphant dans un magasin de porcelaine

Coma un elefante nunha tenda de porcelana

Louise Chevrier, Luka Fischer, Rodolphe Groshens, Marie Guillon, Estelle Martínez, Benoit Paillard, Lisa Rasasombat

  • 2017
  • 06:30
  • Francia
  • ANI
  • COL

Un apaixonado vendedor de porcelana, atópase cun pequeno problema que ameaza a súa tenda...

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

Os fantásticos libros voadores do señor Morris Lessmore

William Joyce, Brandon Oldenburg

  • 2011
  • 15:06
  • EUA
  • ANI
  • COL

Inspirado nas personaxes de Buster Keaton e O Mago de Oz, o señor Morris Lessmore é un escritor e lector apaixoado que atopa na lectura o único xeito de salvarse.