Filmes

Todos os filmes

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos

Explora 1

Teatro Principal

Duración: 82m 08s

Uluru

Uluru

Alberte Pagán

  • 2018
  • 06:51
  • España
  • EXP
  • COL

Non hai maneira de escapar do magnetismo de Uluru. O enorme muro vermello cheo de historia e cancións atráete cara o seu núcleo, invítate a converterte nun con el, a afundirte nel. Terra nativa, catedral do Anangu.

Word for Forest

Palabra para o bosque

Pia Rönicke

  • 2018
  • 22:00
  • Dinamarca
  • DOC, EXP
  • COL, B/N

A película amosa o traslado dunha semente dende México, onde foi recollida polo botánico Frederik Liebmann en 1842, ao Xardín Botánico de Copenhague. En Santiago Comaltepec, o bosque é coidado pola comunidade, a cal leva moito tempo vivindo nesta zona, pero non sempre tivo dereito a usar a terra. A película invita a un a escoitar os ritmos da linguaxe e os sons do bosque, e a absorber as variacións entre os fentos.

Screen

Pantalla

Christoph Girardet, Matthias Müller

  • 2018
  • 17:34
  • Alemania
  • EXP
  • COL, B/N

"Mentres debuxaba na súa mente o efecto do fluír da area, ocorríalle ás veces ter alucinacións e pensaba que el mesmo comezaba a fluír". (Kōbō Abe). Zonas liminais. partículas flotando. Lume, auga, terra, aire. Voces de personaxes de ficción: ás veces suxestivas, ás veces estritas, levándose o espectador lonxe do aquí e o agora. Quen está falando? A relación entre o suxeito hipnotizado e o hipnotizador vese reflexada na relación do espectador coa pantalla.

Estrea en España

Mountain plain mountain

Mountain plain mountain

Yu Araki, Daniel Jacoby

  • 2018
  • 21:00
  • España, Japón, Países Bajos
  • DOC, EXP
  • COL

Gravado en Obihiro, Xapón, no último espazo que queda onde se celebran carreiras de cabalos de tiro, coñecidas como Ban'ei. Unindo unha mestura de planos fixos, contemplativos, con montaxes que son un auténtico galimatías, contundentes e rítmicos, a lentitude destas estrañas carreiras e levado ao límite. O calendario xeral, polo tanto, imita a topografía do circuíto descrita poeticamente por un domador veterano como "unha montaña grande e pequena".

Estrea en Galicia

Optimism

Optimismo

Deborah Stratman

  • 2018
  • 14:43
  • EUA, Canadá
  • DOC, EXP
  • COL, B/N

A necesidade de liberar un val invernal dunha sombra permanente e de atopar fortuna en grava aluvial forman parte dunha longa historia de desexo e extracción no lexano norte canadense.

Estrea en Galicia