Xurados

Xurado Radar

  • Aarón Rodríguez Serrano

    Profesor Axudante Doctor na Universidade Jaume I. Doctor en Comunicación Audiovisual, Mestrado en Historia e Estética da Cinematografía pola Universidade de Valladolid e en Novas Tendencias e Procesos de Innovación en Comunicación pola UJI. Estuda as relacións entre análise cinematográfico e filosofía. Entre os seus libros máis destacados encóntranse Nanni Moretti (Cátedra, 2018), La escritura (in)visible (xunto a Rubén Higueras, Editorial UOC) y Espejos en Auschwitz: Apuntes sobre cine y Holocausto (Shangrila, 2015). Colabora como crítico de cine en diferentes revistas como CineDivergente, El antepenúltimo mohicano ou Detour. Do mesmo modo, conta con diferentes videoensaios entre os que destacan Stanley Kubrick: Cine y límites e Cine, luz, verdad: Apuntes desde Heidegger.

     
  • Amanda Villavieja

    Sonidista. Dedícase ao cine documental e de ficción. Algúns dos seus traballos son En construcción, Guest, En la ciudad de Sylvia e La academia de las musas, de José Luis Guerín; La leyenda del tiempo, Los pasos dobles, Los condenados, La próxima piel e Entre dos aguas, de Isaki Lacuesta; El cielo gira e Mercado de futuros, de Mercedes Álvarez; Tierra negra e El foso, de Ricardo Íscar, Mimosas e Aquilo que arde, de Oliver Laxe, Nadar e Volar, de Carla Subirana, Penélope, de Eva Vila, Les Unwanted de Europa, de Fabrizio Ferraro, La estrella errante, de Alberto Gracia, Staff only, de Neus Ballús, Viaje al cuarto de una madre, de Celia Rico o La virgen de agosto, de Jonás Trueba. Tamén imparte clases de son na Universidade Pompeu Fabra.

  • Kikol Grau

    Inicia a súa carreira profesional como editor e realizador de programas culturais en BTV (Barcelona televisión). A súa carreira compaxina o traballo en televisión coa súa obra artística. Así, crea unha canle de televisión en internet, Si te he visto no te aguanto TV, onde se dedica a realizar programas independentes e recompila unha infinidade de programas alternativos de interese cultural. Traballa tamén para o programa Metropolis, de TVE, no arquivo e distribuidora de vídeo Hamaca e como realizador de videoclips. A súa carreira cinematográfica inclúe Objetivo Gadafi (2013) e unha serie de filmes sobre o punk e o seu lugar na historia recente de España: Las más macabras de las vidas (2014), centrada en Eskorbuto (primeiro premio no Festival Docks on the Bay de Donosti); Inadaptados, en Cicatriz; e No somos nada, en La Polla Records. O Centre de la Imatge La Virreina de Barcelona dedícalle nestes momentos unha mostra antolóxica titulada Dame pank y dime tonto.

Xurado Explora

  • Jessica Sarah Rinland

    Artista e cineasta, Jessica Sarah Rinland exhibiu internacionalmente en galerías, cines, festivais de cine e universidades, incluíndo NYFF, LFF, Rotterdam, Oberhausen, Edinburgh e Mar del Plata. Recibiu bolsas do Arts Council England, Wellcome Trust entre outras institucións. As súas Residencias inclúen: MacDowell Colony, Kingston University, Locarno Academy e Berlinale Talents. En 2016 exhibiu unha instalación en pantalla múltiple e aleatorizada We Account The Whale Immortal en Somerset House, Londres. Actualmente é Artista Asociada en Somerset House Studios, e Film Studies Center Fellow en Harvard University.

  • Jean Pierre Rehm

    Jean-Pierre Rehm, licenciado na École Normale Superiéure e estudante de literatura moderna e filosofía, foi pasando de dar clases (historia e teoría da arte e do cine moderno) en varias Escolas de Arte ao Ministerio de Cultura francés e ao comisariado de exposicións. Ademais, escribe de forma regular para varios medios: catálogos de exposicións, monografías de artistas e cineastas (Roee Rosen, Tsaï Ming-liang, Mark Lewis, William Eggleston, Jimmie Durham, Peter Friedl, Jacques Rozier, Isidore Isou, etc.) e críticas de arte e cine para Cahiers du Cinéma, Cinéma, Trafic, etc. Dende o 2001 é o Director do Festival Internacional de Cine de Marsella, FIDMarseille.

  • Antonio Rodrigues

    Nacido en Río de Xaneiro, traballou en París como programador no Studio 43 e coma crítico en Cinématographe. É membro do Departamento de Programación da Cinemateca Portuguesa, onde organizou diversas retrospectivas, entre as que se atopan a de Pasolini, Straub, ou unha sobre o Cine europeo dos 60. Director Artístico do Cinecoa Festival entre 2011 e 2014, en Portugal.

Xurado Planeta GZ + Penínsulas

  • Misha Bies Golas

    Artista plástico, formado no campo da fotografía e o deseño. A súa obra abarca ámbitos de distintas disciplinas, centrando os seus últimos traballos en torno ao apropiacionismo, os libros e obxectos de diversa índole. Expuxo recentemente en CGAC, (Santiago de Compostela); Galería ADHOC, (Vigo); Fundación Luis Seoane, (A Coruña); MARCO, (Vigo); Laboral, (Gijón); Sala Josep Renau de la Facultat de Belles Arts de Sant Carles, (Valencia); Chan da Pólvora, (Santiago de Compostela); Appleton Square, (Lisboa); DIDAC, (Santiago de Compostela); Galería Trinta, (Santiago de Compostela); Galería Luis Adelantado, (Valencia) y Projeto Fidalga, (Sao Paulo).

     
  • Antonio Durán "Morris"

    Antonio Durán 'Morris' naceu en Vigo no 1959. É un actor cunha larga experiencia interpretativa ás súas costas, tanto no teatro, no que empezou no 1978 traballando para o Centro Dramático Galego, coma no cinema e a televisión. Actuou e presentou diversos programas e series da Televisión de Galicia como Pratos Combinados ou Padre Casares. No ámbito cinematográfico, participou en diversas películas como Los lunes al sol, de Fernando León de Aranoa, Celda 211, de Daniel Monzón, A Esmorga, de Ignacio Vilar ou Dhogs, de Andrés Goteira. Recentemente, interpretou a Manuel Charlín na serie Fariña, de Bambú Producciones para Antena 3.

  • Keina Espiñeira

    Keina Espiñeira é investigadora en xeografía humana e realizadora de cine documental. As fronteiras ocupan un papel central nos seus traballos. Foi investigadora en Harvard, en Berkeley California e nas universidades de Tánxer e Marrakech. Na actualidade traballa no Departamento de Socioloxía e Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña. A súa última curtametraxe, Tout le monde aime le bord de la mer, foi nomeada para os European Film Awards 2016 polo Festival Internacional de Cine de Róterdam.

Xurado Novo

  • Silvia Fuentes

    É licenciada en Comunicación Audiovisual pola UVIGO, aínda que remata a carreira na UCM. En 2013 volve á terra e cofunda a produtora Audiobeesual. En 2016 da un paso cara a ficción e produce Volver Allí, a primeira curtametraxe de Lucía Estévez, e tamén Quinta Provincia, primeira curtametraxe de Miguel Canalejo. Coproduce tamén, con Matriuska Producciones, a curta Area, de Anxos Fazáns, e leva a xefatura de produción de Castelao de chumbo á verba, de Miguel López. En 2017 comeza coa xefatura de produción de Matria, de Álvaro Gago, e segue coa xefatura de produción do filme A Estación Violenta. Segue coa axudantía de produción en Tempo Vertical, de Lois Patiño, e remata o ano producindo Sendeiro, de Lucía Estévez.

  • Sandra MG

    Comeza os seus estudos en Fotografía en Barcelona, onde descobre a fotografía analóxica. O seu proxecto final é seleccionado na exposición 10 Fotógrafos, 10 Escuelas, e é finalista na II Beca Golferichs. No 2010 trasládase a Londres, onde desempeña o seu primeiro traballo como fotógrafa. Despois volve a Barcelona, onde traballa de asistente en varios museos. Paralelamente cursa un Posgrao en Arte e Novos Medios e realiza exposicións individuais. No 2013 comeza Belas Artes en Pontevedra. Participa en exposicións colectivas, en salas como A Casa Das Artes co Colectivo Latente, o Sala X co grupo DX5. Funda White Collective, galería independente en Vigo especializada en foto contemporánea. Actualmente compaxina o seu traballo na galería con traballos de fotografía comercial, moda, produto e dirección de arte.

  • Nuno Pico

    Ferreira do Valadouro, 1995. Estudo 2º de Comunicación Audiovisual na USC, e antes fixen Filosofía. A primeira vez que recordo ter visto unha película, tiña 4 anos e estaba coa miña nai, meu tío e miña avoa, e cando na pantalla da televisión apareceu Groucho Marx, asusteime tanto ao ver ese bigote enorme e tan negro que me puxen a chorar e escapei correndo á miña habitación. Logo acabouse convertendo nun dos heroes da miña infancia. Durante anos, pasei as tardes vendo a colección de VHS dos Irmáns Marx que sacou RBA e que mercaba meu tío sempre, bebendo Coca-Colas e comendo bocadillos de Nocilla. Logo repetíalles aos meus amigos no colexio as frases e bromas que máis me impresionaban, a ver se lles facían gracia. A veces saíame ben. Agora ando por aí intentando ser Robert Mitchum.

  • Azahara Rey Fontán

    Estudante de Filosofía e Técnica en Produción Audiovisual, Radio e Espectáculos, é unha asidua dos festivais de cinema independente e experimental. Realizou o curso de Cámara e Realización en Voz Audiovisual, asistindo tamén a diversos ciclos sobre cine contemporáneo. Con varias curtas e unha webserie ás súas costas, está especializada no emprego da imaxe, concretamente na dirección de fotografía,  labor que adoita desempeñar nos seus proxectos. Apaixonada do cine e da poesía, dirixe as súas miras de cara á crítica cinematográfica.

     
  • Anaid Diz

    Anaid Diz naceu en Ourense no 1991. Graduouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e estudou un Mestrado en Estudios Avanzados de Historia da Arte na Universitat de Barcelona. Traballou como profesora de Historia da Arte varios anos, compaxinando esta labor coa coordinación do Departamento de Invitados no Festival de Cine Internacional de Ourense.

  • Iria Silvosa

    Focalizada principalmente na edición, realizou a montaxe de A estación violenta,  xunto á directora Anxos Fazáns e Diana Toucedo, e da curtametraxe Sendeiro  de Lucía Estévez, aínda que tamén realiza as súas propias pezas, na súa maioría de corte non-ficción, nas que xoga ca propia construcción e linguaxe cinematográfica. Os propios procesos son protagonistas da obra, e temas como a memoria e a (re)construcción da mesma son unha constante case obsesiva, especialmente en pezas como Atisbos , LAR  e Extraño.

  • Artur M. Puga

    Graduado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, carreira pola cal será becado no ano 2013 para una estancia no prestixioso Gyeonggi Creation Center de Corea do Sur. Artista polifacético, a súa obra abrangue tanto manifestacións plásticas, con diversas exposicións ás súas costas, como diversos proxectos musicais  ou a participación en colectivos de acción artística. Nos últimos anos o seu traballo céntrase na exploración sonora mediante instrumentos analóxicos e sintetizadores modulares, así como as interseccións entre esta e os medios visuais. Actualmente atópase a traballar en bandas sonoras comisionadas para pezas audiovisuais e performáticas.

Xurado Camira

  • Ana Estévez

    Licenciada en Xeografía e Historia na especialidade de Museoloxía e Mestrado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira na educación artística e patrimonial en institucións museísticas, tema sobre o que traballa e investiga como responsable da área de Educación e Acción Cultural no Museo do Pobo Galego. En 2006, pon en marcha a Mostra de Cinema Etnográfico, un espazo de divulgación e de encontro ao redor da relación entre o cinema e as ciencias sociais. En 2016, a MICE, con Ana Estévez como directora, transcende os muros do Museo, contando con varias sedes en Santiago de Compostela e converténdose en certame internacional con sección competitiva.

  • Iván Villarmea

    Crítico e investigador cinematográfico. Os seus traballos analizan a representación do espazo no cinema, como o libro Documenting Cityscapes. Urban Change in Contemporary Non-Fiction Film (2015) ou o dossier temático sobre paisaxe e cinema que co-editou canda Filipa Rosário para Aniki. Revista Portuguesa da Imagem em Movimento (2017). Desde 2011, ademais, escribe na revista dixital de crítica cinematográfica A Cuarta Parede, para a que coeditou con Horacio Muñoz o volume Jugar con la Memoria. El Cine Portugués en el Siglo XXI (2014). Socio fundador do Cineclube de Compostela, colaborador habitual do Festival Play-Doc, nesta altura traballa no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago.

  • Jaione Camborda

    San Sebastián, 1983. Tras rematar os seus estudos cinematográficos na Escola de Cinema de Praga (FAMU) e a Escola de Cinema de Múnic (HFF), trasládase a Galiza onde funda a produtora Esnatu Zinema coa que forxa un recoñecido traballo como directora de pezas rodadas con material fílmico de corte experimental tales como Proba de Axilidade, Nimbos, Lilit ou Rapa das Bestas. En estes proxectos Jaione decántase por un traballo en formato Super 8, dende a confianza na imaxe, na materialidade e no gran lírico. Dirixe a longametraxe Arima ademais de colaborar como guionista e directora de arte en numerosos filmes.

Xurado CREA

  • Ana Diz

    Estuda Comunicación Audiovisual en Pontevedra, na especialidade de Produción e Realización. Logo desprázase á capital, onde se centrará no seu  Doutoramento e investigará sobre o poder dos decorados no cine. Participa como guionista, realizadora e produtora en diferentes pezas audiovisuais. Foi a Directora de Produción das curtas Flores para Amalia e Lurna, de Nani Matos, recoñecidas a nivel nacional e internacional e finalistas dos premios Mestre Mateo. Como guionista figura o seu paso por formatos televisivos ou de ficción. No 2015 forma parte do Festival de Cans. En 2016 traballou na Axudantía de Dirección da curta Superpunky e no videoclip Behind the Curtain. Formou parte da directiva de CREA durante o 2016 e 2017, ano no que, coincidindo coa súa maternidade, realiza un novo videoclip, Silencio, de El Grito Chino. Actualmente está a piques de estrear un novo clip musical e un documental, e segue a traballar no guión de varios proxectos persoais.

  • Juan Lesta

    A Coruña, 1971. Director-realizador de vídeo, especializado na creación de pezas de vídeo experimental e a súa integración nos novos medios. A nivel profesional co-dirixiu e produciu videoclips para artistas como Fangoria, Astrud o La buena vida, obtendo premios e seleccións en festivais nacionais e internacionais. Dirixiu a postprodución e imaxe de proxectos audiovisuais de diversos formatos, como videoclips, documentais, pezas experimentais, live cinemas ou curtametraxes, sendo os máis recentes as longametraxes Versogramas e Contra os Elementos, ou o desenvolvemento da imaxe da Universidade de Santiago de Compostela. Algunhas das súas pezas forman parte de coleccións como a de Artium, CGAC, ou a da Deputación da Coruña, e foron expostas por institucións como El Centre Pompidou Metz, La Capella, CGAC, ou a Fundación Luis Seoane. Dende o 2002 é docente de materias de postprodución audiovisual en centros como MACBA, CGAC, Escola BAU ou ESDI.

  • David Fidalgo Omil

    Lugo, 1989. Graduado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra, é un artista enfocado maiormente na animación, traballando de maneira tradicional e que camiña por dous ámbitos, o da curtametraxe puramente narrativa, realizando películas como Cartas a Superman ou Homomaquia, na cal está a traballar nestes momentos xunto coa produtora Abano Producións, tocando dende una perspectiva seria temas como a perda ou o maltrato animal, e tamén se dedica ao arte contemporáneo participando en diversas exposicións, residencias, etc., realizando obras de crítica social baixo o amparo da ironía e do humor. Isto pode verse en obras como Sinceramente, yo ya no razono e Siglo XXI, enfocadas no machismo que hai na televisión e o absurdo que habita nas redes sociais.

Xurado Agag

  • Óscar Cruz

    Guionista. Ex alumno do Máster de Guión da UPSA. En 2013 comezou a súa actividade profesional na marca Porco Bravú coa webserie Conversas con Cunqueiro que lle permitiu medrar e dar paso ó traballo máis celebrado El método sueco, con moitos premios polo país e gañador de dous premios Mestre Mateo consecutivos (2015 e 2016). Director e guionista da curtametraxe El comediante, distribuído no ciclo de curtas Ficciónate. Guionista na sitcom Peter Brandon coa que gaña o seu terceiro premio Mestre Mateo (2018). Presentador de La transición en Pontevedra Viva Radio. Guionista no Malo será, programa de sketches da TVG.

  • Xosé Antón Perozo "Ozo"

    Vigo, 1975. Director e guionista. Traballa no audiovisual galego dende os anos noventa. Foi desempeñando diferentes postos en máis de trinta longametraxes e quince series: atrecista, script, axudante de dirección; e nos últimos anos traballou como director e guionista nas teleseries da Televisión de Galicia O Faro e Fontealba. Tamén escribiu e dirixiu as curtametraxes Baseado en feitos que puideron ter acontecido e Auga, o documental Decreto Filgueira e varias pezas musicais.

  • Samuel Lema

    Formación multidisciplinar que vai das Belas Artes á escritura de guión e á produción executiva. Traballou en desenvolvemento creativo, arte e produción, tanto en animación, como imaxe real. Escribe, produce e dirixe as curtas La carne cruda e Desde dentro co que consegue a través do EPC ser seleccionado nos foros de coprodución de Cannes e Locarno. Nos últimos tempos compaxina os estudos de doutoramento enfocados ao Cinema Underground co desenvolvemento do proxecto experimental Stalk, e a miniserie As crisálidas. Como director artístico traballa con directores como Ángel Santos, Anxos Fazáns ou Óliver Laxe.