Filmes

Todos os filmes

Planeta GZ

Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao mesmo tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.

Ler máis Ver menos

Planeta GZ 1

Teatro Principal

Duración: 78m 34s

Un ollo de vidro

Un ollo de vidro

Noela Gutiérrez

  • 2018
  • 11:26
  • España
  • FIC
  • COL

Despois da morte de Daniel, Alfonso intenta emendar o que non puido darlle en vida.

Estrea mundial

Carta a Leningrado

Carta a Leningrado

Brandán Cerviño

  • 2018
  • 14:11
  • Cuba
  • DOC, FIC
  • COL

Tras a caída do bloque soviético, unha espía rusa queda confinada nun pobo de provinza en Cuba. Tempo despois decide actuar por conta propia e convence o seu fillo mediante unha carta para crear un arma sónica capaz de contrarrestar a influenza estadounidense no país.

Un país extraño

Un país estraño

Laura Pousa

  • 2018
  • 21:47
  • España
  • FIC
  • COL

Madrid, finais do verán de 2017, unha muller fuxe da súa casa. Unha historia sobre o amor, os encontros e a memoria, interpretada pola mítica periodista española Rosa María Mateo. 

Estrea en Galicia

A nena azul

A nena azul

Sandra Sánchez

  • 2018
  • 25:10
  • España
  • FIC
  • COL

Sira, unha nena de oito anos, filla dun percebeiro furtivo da Costa da Morte, fuxe da escola e se refuxia nunha solitaria praia, en busca do seu pai. Alí ten un misterioso encontro con alguén que parece ser o seu propio espello. 

The Film Machine

A máquina de películas

Sonia y Miriam Albert-Sobrino

  • 2018
  • 06:00
  • EUA
  • FIC, EXP
  • COL, B/N

The Film Machine é un asalto ó xénero de terror e á arrogante estrutura narrativa de tres actos.