Filmes

Todos os filmes

Supernova

Esta sección naceu para salvar a brecha existente entre os centros de formación e os circuítos de festivais profesionais. Eses primeiros traballos que non teñen fácil acceso a espazos de difusión atopan en Supernova o seu lugar. O festival quere empregar esta sección para que cineastas emerxentes aprendan a presentar, defender e acompañar os seus filmes e, para isto, encargarase de que entre o público haxa sempre programadores, produtores e realizadores máis experimentados que poidan cuestionar as propostas e enriquecer os coloquios.

Ler máis Ver menos

Supernova

CGAC

Duración: 105m 31s

Sendeiro

Sendeiro

Lucía Estévez

  • 2018
  • 15:00
  • España
  • FIC
  • COL

Un conto de irmáns. O paso do tempo vive nas paredes baleiras da casa familiar. Julia e Manu conviven co silencio e a distancia, de costas á realidade. A inocencia acompaña ao cativo nun intento por sacar a flote á súa irmá.

Resiliencia

Resiliencia

Marta Valverde

  • 2016
  • 06:34
  • España
  • EXP
  • COL

A resiliencia é a enerxía de deformación que pode ser recuperada dun corpo deformado cando cesa o esforzo que causa a deformación. En psicoloxía refírese á capacidade do ser humano para sobreporse ao dolor emocional tras un suceso traumático. Esta peza é un estudio das deformacións de cor e forma que sofre a superficie da auga do río Lérez. Privada de referencias ao contexto no que que foi tomada, a imaxe do ría abstráese para dar paso á cadencia hipnótica do movemento da auga. Un paseo puramente visual polo río Lérez. Un proceso de resiliencia persoal.

16-11-2016/13-5-2017

16-11-2016/13-5-2017

Marta Valverde

  • 2017
  • 17:25
  • España
  • DOC
  • COL

16-11-2016/ 13-5-2017- Dúas datas que delimitan o período de tempo que abarca este vídeo diario, un apunte autobiográfico nun caderno levado ao soporte audiovisual. Unha narración en directo que se vai despregando como calquera historia contada de xeito oral. A colcha da cama da túa avoa, as charlas na terraza do teu piso de estudante ou a persoa coa que ás veces compartías a cama.

They Ponder

Reflexións

Ariadna Cordal

  • 2017
  • 04:56
  • DOC, EXP
  • COL

Documental experimental que explora a ambigüidade da mente e das emocións a través da xustaposición de retratos humanos e imaxes abstractas.

Confessions: Teaching Redemptions

Confesións: leccións de redención

Ariadna Cordal

  • 2017
  • 09:05
  • EXP
  • COL

Vídeo ensaio sobre a película Confessions (2010) de Tetsuya Nakashima, onde se reflexiona sobre a natureza da violencia e o perdón.

Fume

Fume

Alejandro Rodríguez

  • 2016
  • 07:40
  • España
  • FIC
  • COL

Sara é unha moza introvertida que mantén unha estreita relación coa súa avoa, pero non co resto da súa familia. Un día, seu irmán, chámaa pedíndolle que regrese a casa. Cando volve, atópase cunha situación que a enche de dor. O contacto cos seus recordos e o enfrontarse á devandita situación fai que comece unha loita moi persoal por superalo.

Ser y tiempo

Ser e tempo

Daniel Arana

  • 2018
  • 06:39
  • España
  • DOC
  • COL

O tempo é aquilo que experimentamos nun primeiro esquecemento do Ser. Cando vivimos a temporalidade como algo lineal e alleo a nós existe xa un dualismo irreconciliable, cíclico e infinito. A vivencia do tempo como cronoloxía e extensión no eixo da horizontal, como unha sucesión de horizontes e teleoloxías, é unha liña sen fin na que a existencia se torna unha espera incesante; unha espera de non se sabe que, na que nos perdemos como náufragos á deriva, descoñecedores do único inmediato e real en nós, o propio Ser.  

Marxes

Marxes

Sara Rodríguez

  • 2018
  • 07:15
  • España
  • DOC, EXP
  • COL

Dende pequenos ensínannos a escribir correctamente para non exceder a marxe. Medramos e a vida complícase. Os estudos, a familia, os amigos, o traballo, están moldeando o noso itinerario. Simplemente un día dáste conta de que estás na marxe, nun lugar onde estaba prohibido entrar.

El cuadrado

O cadrado

Ángel Filgueira

  • 2018
  • 07:40
  • España
  • FIC
  • COL

Marta sae da auga. Preséntase antes do sacrifcio. O cadrado vai vir. E o ruído roto que berra.

Episodio_Piloto

Episodio_Piloto

Artur M. Puga

  • 2018
  • 10:00
  • España
  • EXP
  • COL

A medio camiño entre a arte sonora e o cinema experimental, Episodio_Piloto explora a extrañeza sempre vibrante baixo a superficie do cotián. Concebido como unha sorte de macro collage de estímulos curtos pero intensos, erixidos sobre a simbiose de música e imaxe, a peza plantexa un discurso sinestésico sobre a vida diaria e o misteriosa e desconcertante que esta pode chegar a ser.

O ollo cobizoso

O ollo cobizoso

Lara e Noa Castro

  • 2016
  • 07:44
  • España
  • EXP
  • COL

O ollo cobizoso é unha proposta experimental que nun principio pretendía ser unha ollada encaprichada do potencial estético do natural e do cotiá, pero que acabou converténdose nunha reflexión visual e auditiva sobre a paisaxe, a urbanización, a tranquilidade e outros aspectos da vida que tratamos de revirar e reinterpretar, deformando o que vemos para amosar outras cousas ou quizais as mesmas, pero que aparecen cambiadas de forma incómoda e incluso abafante, co obxectivo cobizoso de que algún que outro ollo bote fume.

Tiempo

Tempo

Alicia Alonso

  • 2018
  • 02:43
  • España
  • EXP
  • COL

Unha reflexión sobre a miseria emocional á que estamos abocadas nunha sociedade ao límite de sí mesma. Os traumas, os medos e as feridas do pasado ábrense paso cara un mundo no que poucos entenden que o afecto é o máis necesario. 

Lonxe

Lonxe

Alejandro Rodríguez

  • 2018
  • 02:50
  • España
  • FIC
  • COL

Hai momentos que ocorren só unha vez. Esta é a historia que quen se vai, de quen deixa atrás todos os seus recordos, todo o que o converteu en quen é agora. É un momento enmarcado no tempo onde non hai volta atrás, onde as emocións tráganse por derradeira vez.