Filmes

Todos os filmes

Carta Branca

Ezequiel Méndez Vidal (Santiago de Compostela, 1941), que posteriormente desenvolvería a súa carreira profesional no sector editorial traballando para o Fondo de Cultura Económica, Alianza Editorial ou no equipo fundador do Instituto Cervantes, foi unha figura fundamental para a cinefilia de Compostela. Na súa etapa estudantil, ademais da súa labor no Cine-Club (que chegou a ter 1.000 socios na súa segunda etapa e funcionou como notable foco de pensamento crítico durante o franquismo) escribiu sobre cinema en La Noche e El Correo Gallego e foi un dos iniciadores do Equipo 64, co que realizou varios documentais sobre Galicia e a súa cidade natal. Coa intención tamén de fomentar o diálogo, Curtocircuíto organiza esta Carta branca en colaboración co actual Cineclube de Compostela, fundado en 2001 e herdeiro en certa maneira da iniciativa de Méndez e os seus coetáneos.

Ler máis Ver menos

Carta Branca: Ezequiel Méndez Vidal

Entrada de balde, previa retirada da mesma na billeteira do Teatro Principal a partires do sábado 29 de setembro

Museo das Peregrinacións

Duración: 55m 38s

Conozca usted España: Compostela

Coñeza vostede España: Compostela

Claudio Guerín Hill

  • 1967
  • 27:50
  • España
  • DOC

Un dos episodios da serie documental Conozca usted España de TVE, no que o director amosa os encantos da cidade de Compostela. 

Conozca usted España: Hacia Santiago

Conozca usted España: Hacia Santiago

José Luis Font

  • 1982
  • 27:48
  • España
  • DOC
  • COL

Documental que narra, a través das voces en off dos actores Franciso Valladares e Berta Riaza, o fenómeno relixioso de peregrinación masiva do Camiño de Santiago que se inicia tras o descubrimento no século IX do sepulcro do Apóstolo Santiago.