Filmes

Todos os filmes

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos

Explora 4

Teatro Principal

Duración: 69m 25s

Life After Love

A vida despois do amor

Zachary Epcar

  • 2018
  • 08:25
  • EUA
  • EXP
  • COL

Un cambio na luz do aparcamento, no que os coches aparcados convértense en recipientes dunha experiencia colectiva de afastamento.

Estrea mundial

Monelle

Monelle

Diego Marcon

  • 2018
  • 16:02
  • Italia
  • ANI, EXP
  • COL

Unhas rapazas dormen deitadas mentres unhas presenzas estrañas se moven na escuridade, iluminadas só por lanternas. Esta película é un lugar de promiscuidade e ambigüidade entre os diferentes formatos empregados (35 mm e animación CGI) e os puntos de vista de dúas formas opostas de facer cine: o cine estrutural e o xénero das películas de terror.

Electro-Pythagoras (a portrait of Martin Bartlett)

Electro-Pythagoras (un retrato de Martin Bartlett)

Luke Fowler

  • 2017
  • 44:58
  • Reino Unido, Canadá
  • EXP
  • COL, B/N

Luke Fowler rinde unha homenaxe á obra e ás ideas musicais de Martin Bartlett (1939-1993), un compositor canadiense orgullosamente gai que durante os 70 e os 80 foi pioneiro no uso da "microcomputadora". Bartlett é apenas recoñecido, e nin tan sequera está canonizado, na vida cultural. Investigou as relacións íntimas coa teconoloxía e estaba especialmente interesado na electrónica feita a man, xa que como dixo nunha das súas actuacións: "a intimidade do feito a man suaviza o anonimato tecnolóxico creando unha diferenza individual que convirte cada instrumento nunha topografía das incertidumes ás que nos acostumamos mediante a práctica".