Música

Todos os concertos

Baiuca live A/V + Dj Nigga Fox + Dj Firmeza

Sala Malatesta |

00:00 h

10€ anticipada | 12€ taquilla

Baiuca live A/V

Pode unha caixa de ritmos danzar ao ritmo dunha muiñeira? Poden os ritmos de antonte sonar aos de pasado mañá? Como se delimitan as fronteiras entre a música tradicional, a floktrónica, a música de clube, a world music, as gravacións de campo e o beat da máquina? As Rías Baixas son o noso Amazonas. Así o deixa claro BAIUCA, novo proxecto capitaneado por Alejandro Guillán (coñecido anteriormente por proxectos como Alex Casanova), onde consegue combinar o máis avanzado e vangardista da música electrónica e as raíces máis salvaxes e puras da súa Galicia natal.

Un reinicio neotradicionalista que mantén o cable a terra nas raíces pero que conecta coas tendencias máis avanzadas da música electrónica: con tanto de reivindicación cultural e política, como de resignificación dos símbolos tradicionais, levándoos ao terreo do contemporáneo; a través dunha maridaxe sonora na que se emprega tanto instrumentación tradicional (cunchas, frautas, gaitas, pandeiretas, ocarinas ou voces, gravadas estas ás vocalistas da Asociación Cultural Xirandela…); como sintetizadores e máquinas que nos levan ao do techno, o global bass ou ás cavilacións da música house dende unha perspectiva case antropolóxica e sociopolítica.

 

Dj Nigga Fox

Coa publicación do seu EP de 12” de debut O Meu Estilo no 2013, DJ Nigga Fox entrou con moita forza no grupo Lisbon’s Pricipe Discos, o cal leva tempo amosando una xuventude excitante e unha cultura sónica criada nas areas suburbanas e urbanas da capital Portuguesa cara unha extensa diáspora europea . O seguinte disco a Príncipe, no 2015, o extraordinario EP de 12” dun nivel superior, titulado Noite e Día, conseguiu que Recent Advisor o encomiase dicindo que “as catro pistas [do EP] son tan delirantes e estrañas que son case intimidatorias, pero á vez son profusas dunha forma que poderían liberar as pistas de baile”.

A principios do 2017 continuou co 12” dunha cara 15 Barras, unha banda sonora para unha instalación colaborativa que non chegou a realizarse. Esta composición en formato longo é un movemento de 4 partes de ácido virulento, cordas chiando e ruído de multitudes espallándose ao longo un arranxo de 15 minutos sen fisuras , levando a súa música a novos límites conceptuais. O seu agora xeneroso currículo inclúe performances ensordecedoras no Sónar de Barcelona e no Roskilde Festival, entre outros festivais, ademais de esgotar ao público da Berghain, nunha mítica noite Janus na catedral do techno de Berlín, ou realizando performances épicas fóra do territorio europeo como na Residencia NAAFI, na Fundación Jumex Arte Contemporáneo da cidade de México ou no MONA FOMA Faux Mo en Hobart, Tasmania, como parte do inicio da súa primeira xira polo este de Asia e Oceanía a principios do 2018.

O seu novo EP, a ópera magna Crânio, foi lanzado o pasado 9 de marzo polo selo Warp Records. Seis pistas de psicodelia cambiante para la de pista, ou como Phil Sherburne acertadamente escribiu na súa crítica para Pitchfork: “para ser a súa primeira publicación con Warp, o músico de electrónica e batida amosa o seu propio son meticuloso e doutro mundo e volve a conectar co espírito de vangarda musical para as pistas de baile dos primeiros anos do selo”.

Dj Firmeza

DJ Firmeza proclama con orgullo a súa pertenza ao barrio de Quinta do Moncho, onde tamén residen creadores como Nervoso e Marfox. É un venerado e incomparable DJ na extensa comunidade e cultura xoven que vive no Ghetto Sound of Lisbon (RA sic), cun estilo cargado de percusións e que induce ao transo combinado con moito arte á hora de pinchar, o que tamén o fai un aclamado habitual na residencia mensual de Príncipe no club Musicboz en Lisboa. Príncipe publicou no 2015 o seu e moi aclamado 12” co seu propio material titulado Alma Do Meu Pai. Adquiriu progresivamente o foco de atención para tocar nunha gran diversidade de contextos e emprazamentos, dende unha festa na terraza do Shinkel Pavillion en Berlín, ata un emprazamento xeodésico nun bosque en Bienne, ademais de actuacións no Unsound de Cracovia, ou en festivais como o Lowlands ou a festa de clausura do pavillón alemán na Biennale de Venecia. A finais do 2017 estreou Pai Nosso, unha curtametraxe centrada na súa vida actual dirixida polo novayorkino Clayton Vomero.