Nightcrawler
O Synthwave e o Darksynth son os cimentos fundamentais do universo sonoro de Nightcrawler, inspirado nos sons das bandas sonoras de terror dos anos 80 e as películas de ciencia ficción, combinando estes ingredientes con ritmos electrónicos e atmosferas escuras.
En 2014, Nightcrawler publica o seu primeiro álbum, Metropolis, co que o seu nome comeza a reverberar e facer eco na escena synthwave. En 2015, edita en vinilo Strange Shadows EP da man do selo One Way Static Records. A singularidade do vinilo, que imita un disco de serra, fixo que se esgotara en poucas horas e converteu este traballo nunha peza moi buscada polos amantes da electrónica escura e coleccionistas de vinilos.
Acaba de presentar o seu segundo álbum de estudo, Beware of the Humans, editado en vinilo polo selo austríaco Electronic Purification Records e seleccionado pola revista Mondo Sonoro como un dos 10 mellores discos de música electrónica nacional, e en paralelo ao novo álbum, compuxo a banda sonora para o videoxogo retrofuturista inspirado nos 80’s “Jägermeister Galaxy Hunter”. Actualmente presentou o seu novo Live en capitais europeas como Berlín, Londres, Viena, Budapest, Madrid e Barcelona, e en festivais musicais como o Primavera Sound 2018.
16Pineapples
16pineapples está formado por Olga (OMMA), Milan (Miel de Montagne) e Vincent (músico de Miel de Montagne).
O grupo redefine os conceptos e os límites da música en vivo incorporando tecnoloxías que fan interactivo e polo tanto reproducible calquera obxecto.
Satélite do estudio Playtronica, redefine a música a través do tacto e realiza un concerto en vivo empregando exclusivamente piñas.
Playtronica é un estudio internacional que leva a cabo experiencias interactivas arredor da música mediante tecnoloxías desenvolvidas dentro de el.
A través das súas ópticas interactivas, Playtronica pretende mergullar a audiencia nunha realidade que fusiona tacto, son e tecnoloxía. Obxectos cotiás cambian a súa identidade para redefinir, dunha maneira creativa e accesible, o mundo que nos rodea e a nosa relación con el.
- 16pineapples - Vexetais set-up - https://youtu.be/SimccVMCpv4
- 16pineapples - It's my love for u - https://www.youtube.com/watch?v=qUUPA7Gf_3w
Narcoleptica
Narcoleptica é Beatriz Vaca facendo ruído. Experimentación + mezcla de orixes sonoras + live-looping nunha experiencia de estratificación sónica.
Conta con tres álbums autoproducidos: Narcoleptica, The Modular Explanation e o aíndainédito The Abyss. Aparece en numerosos recompilatorios, álbums colaborativos, Bandas Sonoras e pezas escénicas de Performance e Teatro Experimental, nas que adoita actuar en vivo. Dende o2007, envorcouse no directo, realizando concertos incesantemente en máis dun centenar de salas e festivais a nivel internacional. Realizou varias xiras (Latinoamérica 2014, Europa 2015, España 2016, Francia 2018), actuando en Colombia, Perú, Costa Rica, México, Cuba, Portugal, Holanda, Alemaña, ou Francia.
Narcoleptica propón unha escena compartida na que performar (que non interpretar) sons que resultan de combinar o plan coa improvisación, buscando a verdade do momento. Esa verdade é resultado de tempo + presencia. Invita á escoita en deriva destes espazos sonoros que habitar, nos que se poden seguir distintos puntos de fuga dentro dunha atmosfera realmente intensa, evocadora e emocional.
https://narcoleptica.bandcamp.com/