Música

Todos os concertos

Melt - Jacob Kirkegaard Arredor do Son II

20:00 h

Rúa Nova

Melt - Jacob Kirkegaard

MELT está composto de gravacións de diferentes etapas do xeo derreténdose, pasando de sons violentos de casquetes glaciares renxendo friccionando uns contra outros, ata secuencias de goteos e auga fluíndo. MELT rastrea cómo se move a auga a través de diferentes etapas agrupadas, de sólido a líquido, cambiando a combinación das moléculas de maneira irrevogable. É a vez unha representación do fluxo e do cambio constante, e de como as accións humanas afectan o mundo que nos rodea. Todos os sons foron gravados en Groenlandia por Kirkegaard no 2013 e no 2015.


Jacob Kirkegaard

Jacob Kirkegaard é un artista e compositor que traballa en ambientes coidadosamente seleccionados para xerar gravacións que son empregadas en composicións, ou combinadas con imaxes en vídeo en instalacións visuais e espaciais.

Kirkegaard presentou os seus traballos en galerías de arte, museos e espazos para concertos por todo o mundo, incluídos o MoMA en Nova York, o LOUISIANA - Museum of Modern Art e o ARoS en Dinamarca, o KW en Berlín, The Menil Collection e no Rothko Chapel en Houston, o Aichi Triennale en Nagoya, ou o Mori Art Museum en Toquio, Xapón.

Os traballos sonoros de Kierkegaard son publicados polos selos TOUCH (Reino Unido), Important Records (EE.UU.), mAtter (Xapón), VON Archives (Francia), Holotype Editions (Grecia) e Posh Isolation (Dinamarca). É membro fundador do colectivo de arte sonoro freq_out. No 2016 Jacob Kirkegaard foi o artista sonoro residente do St. John’s College, Universidade de Oxford, Reino Unido.

http://fonik.dk/

https://vimeo.com/159783672