Actividades

Todas as actividades

#OutraCompostela

Do 24 de setembro ao 4 de outubro | Santiago de Compostela

En colaboración con

#OutraCompostela é unha actividade enfocada cara a educación vocacional e profesional no ámbito do cine, deseñada e programada por Curtocircuíto. Xorde froito da colaboración entre o Festival Curtocircuíto, a Universidade de Santiago de Compostela, a Film Commision e a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Fronte a cara máis evidente e turísitica da cidade, #OutraCompostela pretende amosar as caras e as arestas menos inmediatas e visibles do espazo que habitamos.​

PARADISE: SANTIAGO

A quen vai dirixida?

A actividade, fixada en cada edición do festival e que goza de carácter creativo e experimental, está dirixida ao alumnado da USC, en concreto da Facultade de Ciencias da Comunicación (Graos de Periodismo, Comunicación Audiovisual e dobre grao).

 

En que consiste?

O alumnado participante elaborará unha peza audiovisual que lle permita levar á práctica os coñecementos e habilidades adquiridos na facultade. Esta é unha experiencia na que se dá a oportunidade de asumir a experimentación e o risco.

 

A temática desta edición: a triloxía de Ulrich Seidl

Partindo da triloxía Paradise de Ulrich Seidl, director convidado a Curtocircuíto 2018, onde se reflexiona en torno a tres conceptos como son o amor, a fe e a esperanza. Inspirarémonos, en concreto, no tema da fe e o turismo, filmando estes conceptos a partires da realidade de Santiago de Compostela, retratando a cidade nun exercicio que poderá mesturar documental e  ficción.

Cómpre ter en conta a metodoloxía de traballo do realizador:

  • O emprego de personaxes reais en entornos reais.
  • O uso de guións abertos, nos que só hai a definición da escena e as persoas/actores improvisan os textos e a acción.
  • Emprego de música únicamente diexética.
  • O emprego dos tableaux nos que prevalece a frontalidade e a simetría na composición do cadro e a mirada á camara.

 

Condicións xerais de participación

  • Previo á realización da peza audiovisual, os participantes deberán visionar un dos filmes de Ulrich Seidl: Paradise: Love ou Paradise: Faith.
  • A participación farase por equipos, cun máximo de 5 equipos compostos por un mínimo de tres persoas e un máximo de cinco persoas cada.
  • Todas as pezas audiovisuais deberán ser gravadas na cidade de Santiago de Compostela.
  • A Facultade de Ciencias da Comunicación fará préstamo dos equipos precisos para a realización das pezas: i-Right - microfonía - pértiga - cable - edición/postprodución.
  • Cada participante recibirá, só pola súa participación, un abono de proxeccións para a 15ª Edición de Curtocircuíto.
  • Só os participantes que pertenzan á Facultade de Ciencias da Comunicación poderán obter 1 crédito ECTS pola súa participación en Outra Compostela.
  • O alumnado que queira participar, deberá enviar os seguintes datos de cada un dos integrantes do seu grupo ao mail info@curtocircuito.org
    • Nome e apelidos
    • Teléfono
    • Mail
    • DNI
    • Curso e grao no que está matriculado

 

Requisitos para a inscrición

  • O prazo para a inscrición remata o vindeiro luns 24 de setembro.
  • A duración mínima das obras presentadas será de 3 minutos e, a máxima, de 5 minutos.
  • Cada unha das pezas deberá enviarse a través de Wetransfer ou calquera outra plataforma de envío de datos e arquivos online.
  • A data límite para o envío das pezas será o 4 de Outubro ás 23:59 horas.
  • As especificacións técnicas para a entrega das pezas serán as seguintes:  
    • Arquivo dixital .mov ou .mp4
    • Resolución FULL HD 1920 × 1080 ou HD 1280 × 720
    • Códec H264
    • Bitrate dende 8000 a 40000 kbits
    • Audio AAC stereo a 384 kbps
    • O arquivo non poderá superar os 2 Gb de peso
    • O festival Curtocircuíto e a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, resérvanse o dereito a reproducir total ou parcialmente as pezas presentadas a concurso e os autores das obras aceptan, coa súa inscrición, as bases presentes.
  • Así mesmo, o festival Curtocircuíto resérvase o dereito a publicar, na páxina exclusiva de Tumblr Outra Compostela, as pezas participantes desta edición.

 

Premios

  • O equipo gañador será anunciado na gala de Clausura da 15ª edición de Curtocircuíto, que terá lugar o 7 de Outubro ás 20:30 no Teatro Principal. A asistencia á gala será de balde, previa retirada da entrada no despacho de billetes do Teatro Principal.
  • O grupo que resulte gañador do concurso, recibirá un curso de formación para cada un dos integrantes do equipo de traballo na Escola Unitaria.

 

Para máis información: info@curtocircuito.org