Actividades

Todas as actividades

Caligrafías sonoras. Distintos modos de representar o mundo a través do son no cine documental e de ficción Arredor do Son II

Amanda Villavieja

Edificio ABANCA Cervantes

3 - 4 de outubro | 10:00 - 14:00 h

40€ (20€ estudantes) | Formulario de inscrición situado ao final desta mesma páxina

Prazas: 20

Gravación do son no cinema documental

Como sonidista, cando un se calza uns auriculares por vez primeira, fica sorprendido ante a cantidade de sons que pode captar un micrófono. O mundo está aí contido. Como unha folla en branco, inclúe todo e nada á vez.

Na toma do son en directo inscríbese entón unha posta en escena do son: un exercicio de escoita, selección e posición no espazo, entendido este como lugar dende o cal se escoita.

Que caligrafías ou escrituras sonoras establecemos entón entre nós e o mundo que nos rodea e que queremos contar? Que xestos sonoros imprimimos na fase de rodaxe e que outros na fase de montaxe?

O obxectivo do obradoiro é formular mediante a análise e o comentario de fragmentos de películas e textos, distintas perspectivas da posta en escena sonora e dos seus dispositivos, que nos axuden a preguntarnos sobre o uso do son nelas e a súa capacidade para contar creativamente co son.

  • Amanda Villavieja

    Sonidista. Dedícase o cine documental e de ficción. Algúns dos seus traballos son En construcción, Guest, En la ciudad de Sylvia e La academia de las musas, de José Luis Guerín; La leyenda del tiempo, Los pasos dobles, Los condenados, La próxima piel e Entre dos aguas, de Isaki Lacuesta; El cielo gira e Mercado de futuros, de Mercedes Álvarez; Tierra negra e El foso, de Ricardo Íscar, Mimosase Aquello que arde, de Oliver Laxe, Nadar, e Volar, de Carla Subirana, Penélope, de Eva Vila, Les Unwanted de Europa, de Fabrizio Ferraro, La estrella errante, de Alberto Gracia, Staff only, de Neus Ballús, Viaje al cuarto de una madre, de Celia Rico ou La virgen de agosto, de Jonás Trueba. Tamén imparte clases de son na Universidade Pompeu Fabra.