Actividades

Todas as actividades

Pimpinela is not dead. Un titorial para crear e destruír imaxes.

Teatro Principal

6 de outubro| 17:00 h

Kikol Grau e Alberto Gracia, dous cineastas vinculados ao punk, confrontarán os seus respectivos imaxinarios: un caixón de xastre que contén festas de aldea, entomoloxía, telelixo e outros píxeles non clasificados.

Atopámonos diante de dúas obras que evidencian o seu proceso creativo ata o punto de convertelo no centro mesmo do seu traballo. Dous creadores radicais que non esconden as súas costuras, senón que fan delas a parte máis importante da súa estética.

Desde Curtocircuíto convidámolos a compartir connosco as súas traxectorias. Ao longo deste encontro, moderado polo investigador e docente Aarón Rodríguez Serrano, reflexionarán sobre o proceso de construción e destrución de imaxes, tanto das súas propias como das que flotan no noso ecosistema visual.