Actividades

Todas as actividades

Mesas Interxeracionais do Audiovisual Galego

CGAC

4 - 5 de octubre | 10:00 - 13:30 h

De balde, por orde de inscrición ata completar aforo | Formulario de inscrición situado ao final desta mesma páxina

Conxunto de relatorios e debates construtivos para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector. O festival busca atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos de traballar e de facer.

Coa participación de:

                                    

Nun sector audiovisual cada vez máis diverso, hoxe en día podemos atopar diferentes xeracións ben diferenciadas que representan distintos momentos políticos e estéticos do noso audiovisual: desde os anos 80 até 2018. Nesta edición, Curtocircuíto xuntará por primeira vez ás catro xeracións en activo do sector audiovisual galego para poder comprender mellor a natureza, heteroxeneidade e potencial do sector ubicándoos en catro grandes grupos:

  • “Dende a videocreación ata a produción industrial dos 2000” (nados arredor dos anos 60): Antón Reixa, guionista e produtor; Antonio Durán “Morris”, actor; Pancho Casal, produtor; Margarita Ledo, docente e investigadora; Dolores Ben produtora.

  • “A Xeración EIS e outras fornadas de renovación” (nados arredor dos 70): Jorge Coira, director; Mamen Quintas, produtora; Sandra Sánchez, directora e montadora; Alfonso Blanco produtor; David Melero, eléctrico e iluminador.

  • “Novo Cinema Galego e outras francotiradoras” (nados arredor do ano 80): Beli Martínez, docente; Sonia Méndez, actriz e directora; Felipe Lage, produtor; Lois Patiño, cineasta; Xacio Baño, cineasta.

  • “Fillas da crise: novos modelos contra a austeridade” (nados nos anos 90): Brais Romero, crítico de cine; Lucía C. Pan, directora de fotografía; Silvia Fuentes, produtora; Adrián Canoura, cineasta; Anxos Fazáns, cineasta.

 

PROGRAMA:

XOVES 4

10h00 | Apertura

11h00 | ‘A túa xeración: erros e acertos’

  • Modera: Nieves Rodríguez, actriz
  • Intervirán: Brais Romero, Felipe LageJorge CoiraAntón Reixa.

12h00 | Pausa para café

12h30 | ‘Que herdas?’

  • Modera: Manolo González, docente
  • Intervirán: Lucía C. PanSonia MéndezDavid MeleroAntonio Durán “Morris”.

13h30 | Vermú cortesía de Lodeiros

 

VENRES 5

10h00 | ‘Como produces?’

  • Modera: Xaime Fandiño, docente
  • Intervirán: Silvia Fuentes, Beli Martínez, Pancho Casal, Mamen Quintas.

11h00 | ‘A creación en clave xeracional’

  • Modera: Pepe Coira, guionista
  • Intervirán: Adrián Canoura, Lois PatiñoSandra SánchezMargarita Ledo.

12h00 | Pausa para café

12h30 | ‘Xuntos ou revoltos? Retos de futuro’

  • Modera: María Yáñez, xornalista
  • Intervirán: Anxos Fazáns, Xacio BañoAlfonso BlancoDolores Ben.

13h30 | Vermú cortesía de Lodeiros