Actividades

Todas as actividades

Canteiras

CGAC

03.10.2018 | 10:30 - 12:30 h

Entrada de balde para centros ata completar capacidade | eventos@curtocircuito.org

Plazas: 200

Canteiras é unha actividade integrada na programación de Curtocircuíto co obxectivo de poñer en valor iniciativas de educación para o cine dentro da nosa comunidade e dos centros educativos de toda Galicia.

Dende Curtocircuíto consideramos a alfabetización audiovisual e a estimulación da creatividade a través das disciplinas artísticas como un dos factores chave na formación de futuros espectadores, creadores, artistas, autores, actores e públicos críticos e reflexivos pero tamén somos conscientes do valor da educación artística para a formación do cidadán do século XXI. Por iso queremos consolidar Canteiras como bisagra entre iniciativas de educación para o cine punteiras no sector e centros que desexen incorporar a educación para o audiovisual na bagaxe dos seus educandos. Canteiras pretende ser a mostra, a posta en valor e a medio de promoción de prácticas modélicas que capacitan ao alumnado para coñecer, interpretar e expresarse a través da creación audiovisual e a reflexión entorno aos obxectos audiovisuais. Na XV edición de Curtocircuíto temos a oportunidade de facer confluír dúas iniciativas de diferentes procedencias (tanto no plano xeográfico como no da experiencia) para que poñan en común, dialoguen e aprendan mutuamente do traballo que levan a cabo nos seus respectivos centros.  

 

Canteiras 2.0

A idea básica é a de facer confluír dúas iniciativas do ámbito da educación para o audiovisual e que compartan experiencias, intercambien ideas, formas de proceder, enfoques, perspectivas, modelos, propostas, percepcións, opinións, conclusións e dúbidas de maneira que persigamos fomentar o diálogo entre iniciativas de calidade que promoven a alfabetización e a creatividade audiovisual dentro da comunidade galega.

Sería como unha especie de 1x1 no que primeiro se presentaría cada unha das iniciativas por separado e logo ábrese unha mesa de debate para que os alumnos e profesores de ambos os centros poidan preguntarse dúbidas uns sobre outros, poñer en común problemas, concrecións ou especificidades que atopen no duro e extraordinario (en dobre sentido, porque se sae do ordinario e porque é excelente que se estea levando a cabo de maneira  extracurricular) camiño que desde estas iniciativas percórrese co fin de realizar a educación para a o coñecemento, o goce, a vinculación afectiva e a creación audiovisual.

 

Centros

IES As Barxas (Moaña) | IES Concepción Arenal (Ferrol)

 

Contido

  • Presentación do centro e do proxecto
  • Selección de pezas a proxectar
  • Coloquio arredor da experiencia de realización das pezas por parte dos participantes.