Actividades

Todas as actividades

Playtronica. Interaccións sonoras Arredor do Son II

Sasha Pas

Edificio ABANCA Cervantes

4 de outubro | 16:30 - 18:00 h

De balde, por orde de inscrición ata esgotar as prazas | Formulario de inscrición situado ao final desta mesma páxina

Playtronica é un estudo internacional adicado a crear experiencias auditivas interactivas significativas, en colaboración con marcas, comerciantes, museos, galerías e artistas.

A través do traballo interactivo, Playtronica pretende sumerxir á xente nunha realidade que fusiona tacto, son e tecnoloxía. Unha na que obxectos cotiás reciben novas identidades, desafiándonos a explorar creativamente o mundo que nos rodea e a nosa relación con él.

A tecnoloxía está tan firmemente integrada nas nosas vidas que os electrodomésticos e os dispositivos están a convertirse rapidamente nalgo indistinguible do que a xente ve como “natural”. Son tan parte do noso entorno moderno como unha árbore, as flores e o canto dos paxaros. Pero as nosas interaccións con case toda a tecnoloxía están baseadas en comandos. Obedecen a propósitos en lugar de ser algo lúdico.

Para nós, a interacción erradica as barreiras. Un sentido de xogo é vital si queremos entender como poden vivir xuntos en harmonía o natural e o artificial. E canto máis os entendemos e xogamos con eles, máis positiva se torna a nosa experiencia e a nosa relación.

  • Sasha Pas

    Sasha Pas é un artista fundador do estudio Playtronica. Pas traballa con prácticas interdisciplinarias explorando novos tipos de interaccións entre o home e a tecnoloxía coa axuda do son como un medio. Os proxectos de Playtronica implican inmersión na realidade sensorial na que, xogando con varios obxectos, calquera pode poñer a proba dunha forma creativa e libre as posibilidades do seu corpo e o mundo exterior. Este contexto de interacción deixa de apoiar a división entre o espectador e a obra, permitindo que cada participante deste proceso comunicativo contribúa activamente á creación dun entorno vivo e en constante cambio. Os proxectos de Playtronica exhibíronse no Garage Museum of Contemporary Art, The Jewish Museum (Moscova), Slyanka VPA Gallery (Moscova), Exploratorium (San Francisco), Centre Georges Pompidou (París), e no Palais de Tokyo (París). Pas participou no programa paralelo do Moscow Biennial of Young Contemporary Art (2018); Sonar+D Festival (Barcelona); Loop (Berlín); e no Performance Pets (Londres). Playtronica recibiu moitos premios, incluíndo o premio do Moscow Design Biennal (2017) e un premio especial no Synthposium Festival (2017). Pas vive e traballa entre Moscova e Berlín.

    http://playtronica.com/